5 ensaladas para cada día da semana

Copia de Sin titulo 3 1

Estamos no verán e as comidas hai que adaptalas ás necesidades de cada estación. Coa calor chegan as ensaladas e encántannos! Por iso queremos darche ideas para que as desfrutes e poidas comer san e variado 5 días á semana.

Encántanos o número 5. E ti, cal prefires?

  • Espinacas, polo e granada

Aderezao cun pouco de vinagre de Módena e aceite de oliva virxe extra, xa verás o delicioso que che queda.

  • Caprese (tomate, albahaca e mozzarella)

A clave desta ensalada está no aderezo... aderezao cun bo aceite de oliva virxe extra e engade un chisco de sal e pementa.

  • Espinacas, tomate, salmón, aguacate, cebola e lima

Unta a lima por todo o prato, poderás potenciar os contrastes de sabor entre a cebola e o salmón e tamén che encantará.

  • Espinacas, pepino, tomate e pementa negra

O pepino ten moita auga, polo que esta ensalada é ideal se tes un plan de control de peso, xa que verás que non necesitas engadir aceite. O peite por si só aporta un gran sabor e frescura á túa ensalada.

  • Brotes, berros, gambas, salmón, aguacate e limón

Espreme o limón por toda a ensalada e substitúeo polo aceite. Verás que tes un gran sabor con moitas menos calorías.